Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 18 de mayo de 2011

Correlingua 2011


O día 11 de maio tivo lugar, como vén sendo habitual,a Actividade de Correlingua coa colaboración dos departamentos de tecnoloxía, matemáticas e língua e literatura galega. Este ano participou o alumnado de 4º de ESO.
As alumnas e alumnos de cada un dos grupos realizaron as respectivas pancartas, coa idea de dar máis relevancia ao acto. Cada un dos grupos realizou a súa e participaron no concurso a nivel da Comarca de Lugo, resultando gañadores dun dos segundos premios . A actividade desenvolveuse con normalidade, facendo o percorrido habitual e logo participaron nos actos lúdico-festivos que se desenvolveron na cidade de Lugo. Logo de finalizar os actos, o alumnado tivo ocasión visitar a exposición sobre Luís Seoane: "Cen por cen Seoane. Cen anos, cen lugares".
Por certo, baixo a coordinación do Equipo de Dinamización Lingüística e en colaboración do equipo da biblioteca do IES Fontem Albei de Fonsagrada gravouse este video que resultou gañador do Concurso Correlingua 2011, destinado a promocionar o noso idioma,aos que felicitamos polo seu traballo.

No hay comentarios: