Do 24 de marzo ao 27 de maio de 2011 poderase ver na nosa biblioteca a exposición de carteis feitos polo alumnado de 4º ESO en torno a Lois Perereiro, poeta monfortino homenaxeado este ano o Día da Letras Galegas.
Os carteis foron elaborados nas clases de Educación Plástica e Visual a comezos de curso grazas á iniciativa da profesora Mariel Méndez, quen deu así a coñecer aos seus alumnos a figura e obra de Lois Pereiro. A triste poesía inspirou moi ben aos autores dos carteis, que souberon transmitir o tono dos libros de Pereiro, especialmente o de Poesía última de amor e enfermidade.
Dende a biblioteca animámosvos a profundizar neste autor comezando polo actividade interactiva elaborada no CEIP "Condesa de Fenosa" de O Barco de Baldeorras, a quen lles damos as grazas por compartila.
martes, 29 de marzo de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
http://prezi.com/u46rbbcv_51m/lois-pereiro/
un recurso PREZI de lois Pereiro
saludos a tod@s
Publicar un comentario