Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 24 de noviembre de 2010

25 de novembro



Non me gusta o 25 de novembro, data na que hai que recordar que xa son máis de 60 as mulleres asasinadas por homes no que vai de ano en España. Pero novamente temos que lembrar que por desgraza, igual que cos dereitos dos nenos, sempre que se celebra o día de… é porque esa cousa non está conquerida.
Todos sabemos que maltratar é fácil, non fai falta matar a ninguén, bastan as palabras, os gritos e os insultos. Por iso,
"A próxima vez que che levanten a man que sexa para saudarte"
"A próxima vez que che levanten a voz que sexa para felicitarte”
.
O noso instituto programou para o 25 de novembro unha charla coa colaboración do “Centro de Información á Muller” do Concello de Sarria a cargo de Paula Vázquez, Erika Fernández e Ana González, que enfoncarán o tema dende os puntos de vista social, xurídico e psicológico.
Na biblioteca tes moito para ler e ver con ta so botarlle unha ollada á guía de lectura, aínda que conformámonos con que leas un libro: “El infierno de Marta” e que navegues pola páxina do blog trafegandoronseis.

No hay comentarios: