Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 16 de septiembre de 2010

Benvid@s


Reinicimos curso. Un ano máis novas caras, novas ilusións, moitos nervios e novos libros. Dende a biblioteca queremos tendervos unha man para que o camiño sexa máis sinxelo. Cómo? Cando queras saber máis ou ler sobre algo que te interesa preguntalle á bibliotecaria, quedarás abraiado sobre o moito que temos. Dende libros de todo tipo, revistas, música e películas de calidade.
Nesta xanela que é o noso blog iremos colgando fotos das actividades culturais, vídeos e publicando cousiñas de interese cultural e educativo. Invitamosvos a participar cos vosos comentarios e suxestións, que de seguro enriquecerán este espazo.
Todos quereríamos ler máis e facer que os rapaces leran. Empezade por ler o artigo: Cómo leer en los tiempos del cólera de Jordi Sierra pinchando na imaxe da dereita, que deleitaravos con pistas sobre por que e para que ler.
Agardámosvos a tod@s: alumnos, pais, nais, profes e persoal non docente. Entretanto, podes consultar o noso catálogo pinchando aquí.

No hay comentarios: