O pasado 8 de xuño tivo lugar no noso instituto a entrega dos premios do VII certame de narración IES "Gregorio Fernández".
Actuou como mantedora do acto a poetisa e presentadora Yolanda Castaño, quen antes estivo na nosa biblioteca falándolles aos rapaces de 4º da ESO sobre a poesía nunha charla cercana e moi ilustrativa.
A continuación, a nosa biblioteca convertiuse en plató de televisión para o programa da TVG Ben Falado, onde entrevistaron aos alumnos do noso centro que resultaron gañadores do certamen nesta edición.
Noraboa a tódolos premiados da comarca de Sarria, e non deixedes de ler e de escribir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario