O 1 de xuño máis de duascentas persoas, alumnos e profesores do IES "Gregorio Fernández", acudimos a Santalla de Loúzara para facer o roteiro "Fiz Vergara Vilariño".
Gozamos da paisaxe, enchémonos da beleza dos campos, da fervenza, da fonte da Cova, admiramos as obras de arte espalladas polo camiño, lemos poemas de Fiz, visitamos a súa tumba, deixamos a nosa firma estampada no libro de firmas da casa de Fiz, onde nos recibiron a súa nai e a súa irmá, e aínda tivemos tempo para comer nunha carballeira.
Dende a biblioteca, graciñas a tódos os que colaborastes en que se fixera posible.
miércoles, 2 de junio de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Unha excursion moi divertida e ó mesmo tempo educativa.E ainda nos chegou o tempo para comer na carballeira e xogar un pouco!!
Publicar un comentario