Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 26 de mayo de 2010

Lembrando a Fiz Vergara Vilariño

Fai xa catro anos que a nosa biblioteca leva o nome do poeta Fiz Vergara Vilariño, moi ligado durante a súa vida ao noso instituto. Á raíz da inauguración do roteiro que leva o seu nome e que a Asociación Cultural “Ergueitos” de Sarria encheu de obras de arte grazas á colaboración de varios artistas galegos, dende o Equipo de Normalización Lingüística propúxose facer o roteiro co alumnado do centro, ao que a biblioteca sumou unha serie de actividades previas para dar a coñecer a figura e obra do poeta de Loúzara.

Así, dende a biblioteca montouse a exposición titulada: “Cartas para o recordo”, aberta ao público en xeral e composta por cartas de Fiz Vergara ao pintor sarriano Manuel Rodríguez “Rodim”,cedidas polo propio “Rodim” a través do cronista da vila Xaime Félix López Arias. Completa a mostra un dossier de prensa e outros materiais sobre Fiz. A partir da exposición elaborouse un cuestionario para dar unha oportunidade a aqueles alumnos que non gañaron a viaxe á excursión de fin de curso organizada pola biblioteca. De entregaren as respostas correctas sobre a vida e obra do poeta na biblioteca, podían gañar a viaxe.
Pequenos poemas de Fiz aparecen espallados polos corredores do instituto, para achegar os seus versos en pequenas doses, ao tempo que a súa obra enche o expositor da biblioteca.
Complementan estas actividades o vídeo titulado: “Fiz Vergara Vilariño, poeta muiñeiro á deriva”, realizado no Grupo de Traballo de Elaboración de Materiais para pizarra dixital grazás á proposta de Raquel Arias, responsable da biblioteca, e no que se implicaron un importante número de alumnos e profesores en distintas materias. O traballo elaborouse en varias fases e incluíu o estudo do poeta, elaboración dun guión, fotografías, confeción de preguntas e respostas, grabado de voces, edición do vídeo, uso das novas tecnoloxías, etc.
O vídeo é a actividade previa ao xogo: “Roteiro virtual para a Fiz lembrar”, xogo interactivo para usar na pizarra dixital de preguntas e respostas relacionadas coa vida e obra do poeta Fiz Vergara. Tódolos grupos do centro están a visionar o vídeo e xogar na pizarra dixital durante a semana previa á excursión, co que o achegamento ao poeta producirse dun xeito lúdico impresionado pola primeira vez que os nosos alumnos usaban a pizarra dixital. O éxito está sendo total.
Se queres descargar o xogo, pica aquí. Necesitas o software Smart Notebook.
Hai que dicir que a elaboración dos materiais dixitais sería imposible sen a colaboración do profesor de Tecnoloxía José Manuel Martínez Loureiro, quen se implicou a fondo no proxecto.
O 1 de xuño de 2010 faremos a etapa final do proxecto: acudimos a Loúzara para facer os últimos 3,5 km do roteiro que parte de Aira Padrón e remata na casa do poeta.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Parabéns, Raquel; parabéns a quen se implicou nese traballo, necesario e formoso que agradecemos de verdade.
Maria