Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 4 de mayo de 2010

Excursión a Manzaneda



O alumnado de 1º de ESO ven de estar uns días en Manzaneda facendo un sinfin de actividades: treparon polo rockódromo, montaron nos karts, fixeron sendeirismo, tiráronse pola neve en manga corta, practicaron tiro con arco, equitación, xogos predeportivos, aprenderon na aula da natureza e aínda tiveron tempo para bailar nas veladas organizadas no lugar. Ademáis, aproveitaron para visitar o Museo do Ferrocarril en Monforte e Os Escolapios á ida. Xa de volta, subiron ata o castelo de Castro Caldelas e viron o casco histórico da vila. Estiveron acompañados polas profesoras Mercedes Veiga e Carme Conde, ás que se mirades ben as fotos podedes ver colgadas.

1 comentario:

Anónimo dijo...

pasastelo ben e!!!!!!!!!!!!!!!! ken me dea ir a min