Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 25 de febrero de 2010

Miro Casabella: Un xograr do noso tempo

O xoves, 25 de febreiro tivo lugar no IES Gregorio Fernández o oitavo acto organizado polas Actividades da Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística.
O acto, que tiña por título; No Bico un cantar, comenzou coa lectura de varios poemas da obra de Uxío Novoneyra por parte de alumnado de 4º ESO e, seguidamente, Miro comenzou interpretando; O meu país de Xoá Manuel Casado.

Explicoulles aos rapaces que el era un cantante incómodo para o poder, comenzando a cantar aos 16 anos. Logo pasou a interpretar poemas de Manuel María, “ A fala”, para facer un percorrido polos cancioneiros medievais, fundamentalmente de Afonxo X, As Cantigas de Santa María e cantigas profanas, pasando pola interpretación das kharxas, vilancicos, cancioneiro popular, – “unha vez indo para feira...”, “unha noite no muíño...”, “as tres comadres”, “romance de dona Eusenda” ; tamén interpretou unha poesía de Novoneyra, rematando coa poesía de Afonso X, referida aos cabaleiros cobardes da guerra contra os árabes.

Participou no acto o alumndo de ESO e 1º de BAC







No hay comentarios: