viernes, 22 de enero de 2010
Concurso de fotos
O próximo venres 29 de xaneiro celebraremos o día do San Xoan Bosco, día do noso patrón, e entre outras actividades podedes apuntarvos ao concurso de fotos.
Bases:
- Podedes participar individualmente ou por parellas.
- Apuntádevos antes do 28 de xaneiro na biblioteca.
- O 29 de xaneiro desenrolarase o concurso do seguinte xeito:
- Ás 9 da mañá os participantes equipados coas súas cámaras dixitais ou teléfonos móbiles recibirán na biblioteca as instruccións sobre as fotos e os temas a fotografiar durante a mañá do 29 de xaneiro.
- Antes das 12:30 horas os participantes descargarán no ordenador da biblioteca unha selección de entre 5 e 10 fotos relacionadas cos temas encargados.
Haberá bos premios para:
- A mellor foto.
- A foto máis orixinal.
- O mellor conxunto de fotos.
Ademáis, o xurado poderá dar os accesits que considere oportunos a outras fotos de calidade.
E lembrade que para unha boa fotografía, olla a bibliografía do expositor. Contamos con vos: apunta e dispara.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Mañá xa é o día!!! Moito ánimo a todas as parellas. Estamos desaxando ver as vosas fotos. Sorte e acreditacións!
Penso que estivo moi ben o tema este das fotos. Menos mal que eu son invisible e non saín en ningunha, pero vin por alí á xente disparando coas súas cámaras. Moi ben, moi ben, hai que repetilo, que seica hai por aí uns expertos no fotoxó este que meten medo. Eu si que precisaba unha boa ración de fotoxó, jajaja.
Saúdos, saúde e adiante, sodes incribles.
O bloqueiro impertinente
Pido disculpas polo erro anterior, non era co q, era co g.
O blogueiro(con g)impertinente e independente
Publicar un comentario