viernes, 18 de diciembre de 2009
Bo Ano!
En Xaneiro de 2010 cumpriría 80 anos Uxío Novoneyra, poeta do Courel a quen se lle adica este ano que está a chegar a celebración das Letras Galegas.
Vaia, pois, unha felicitación de Nadal cun poema do poeta que dixo un día:
“COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home…” (1953)
NORDE último
das campanas da neve!
Frol de fumo!
PANOS brancos
esfiañados
da nebra
ouveando polos vales
polos soutos
i as devesas marelas
en busca dun caborco
ou dunha valiña outa
que os acolla
i os faga acougar!
Fiañas da nebra
rubindo
e baixando
á gaiola do aire
polas serras érmedas
e polos soutos despidos
do Nadal!
(Os eidos, 1955)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Rotundo! Feliz 10!
Publicar un comentario