Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 19 de noviembre de 2009

20 de novembro: Día dos dereitos dos nenos

























Nos paneis de entrada á biblioteca e no que va á sala de profesores podedes ler os dereitos dos nenos ilustrados por viñetas con interesantes reflexións de Mafalda e os seus amigos, así como libros, películas e cancións que falan da infancia e nas que faltan as aportacións de todos vos. Animádevos, collede un rotulador e escribide títulos de cancións, libros ou películas que creedes que faltan.
Os paneis foron completados con noticias recollidas da prensa relacionadas co tema e que traballaron os alumnos de 1º de ESO en Proxecto Interdisciplinar.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Un tema que parece que no nos toca de cerca y sin embargo está presente. Siempre recordaré a una compañera mía del colegio que un determinado día me confesó que su padre la maltrataba y que ella no se podía ir de casa para proteger a su hermana pequeña.
Después de muchos años sin saber de ella, la volví a ver el año pasado y pude comprobar que estaba bien y que era madre de un bebé precioso. Me gustaría dedicar el día de mañana a esta chica, una de tantas niñas y niños anónimos, que sufren en silencio los problemas de hogares rotos.

Oteador dos pasillos dijo...

Fermosa exposición, disfrutei moito lendo os "bocadillos" das Mafaldas.

Luisa dijo...

Eu non quero lembrar o que chorei vendo "Cometas no ceo". unha boa película, sí señor.

Virginia dijo...

Xa que vexo na foto a Mª Luz, a nosa querida bióloga, aproveito para mandarlle un forte abrazo. Todos alegrámonos de vela de volta.

bibliofiz dijo...

Curiosa e fermosa data, porque hai xusto hoxe 34 anos que morreu o dictador fascista e comezou unha nova andaina para este país na que por fin se poden celebrar os días dos dereitos dos nenos, e das nenas, dos homes e das mulleres, dos altos e dos baixos, dos iguais e dos diferentes.
Xusto hoxe hai 34 anos, e nos corenta anteriores, non se podían celebrar os días dos dereitos porque simplemente neste país non existían. E xusto nese día en que morreu o dictador fascista foi cando empezamos a descansar en paz nós.
O blogueiro impertinente e a súa memoria histórica