Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 6 de mayo de 2009

O alumnado de 1º de ESO coñece un pouco mellor a comarca de Sarria




Un ano máis, o alumnado de 1º de ESO visitou varias instalacións da comarca de Sarria. O percorrido iniciouse na EDAR (estación depuradora de augas residuais), onde os estudantes comprobaron in situ os procesos aos que é sometida a auga residual dos seus fogares antes de ser devolta ao río, quedando sorprendidos do “sucia” que chega esta auga á EDAR.
Dada a proximidade da EDAR ao río, tiveron ocasión tamén para identificar e describir algunhas árbores de ribeira.
Posteriormente visitouse o “PUNTO LIMPO”, onde os estudantes recibiron información do tipo de residuos que se recollen nese lugar e das posibilidades de entrega dos mesmos. Adxacente ao “punto limpo”, atópase a ESTACIÓN DE TRANSFERENCIA DOS RSU, onde o alumnado foi informado do proceso de prensado que sofren os residuos recollidos por toda a comarca antes de ser enviados á planta de SOGAMA (ubicada no concello de Cerceda, preto da Coruña). O alumnado tamén quedou sorprendido da cantidade de lixo que se recolle cada día e do deficiente que é a selección do lixo nos fogares.
A viaxe finalizou coa visita á empresa embotelladora de AUGA FONTECELTA, podendo comprobar que o proceso de embotellado e preparación dos envases para a súa venda realízase cun elevado nivel de automatismo.

3 comentarios:

Sarriano dijo...

Ben pola reciclaxe e os puntos limpos. Esto é importante que o aprendamos todos. Eu o primeiro, que o outro día na mña casa non sabíamos que facer cun microondas vello. JAJA!

Anónimo dijo...

Pois o microondas vello, ao punto limpo, que nolo explicaron durante a visita. :)

Anónimo dijo...

ja a verdade e q o pasamos xenial na excursion :)

e iso, hai q reciclar q se non...mal imos
e co microondas como ben dixo o anonimo ao punto limpo :D