Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 6 de marzo de 2009

Homenaxe ás mulleres traballadoras

Conta unha profesora deste instituto que un día analizando distintos poemas unha alumna preguntou: “Profe, por que todos están escritos por homes?”.
En realidade, é habitual falar dos escritores pero, aínda moito máis, dos científicos e dos matemáticos.
Conscientes deste problema, un grupo de profesoras púxose máns á obra co seu alumnado e velaí están os carteis e murais das traballadoras das ciencias, realizados polo alumnado da profesora de bioloxía Mari Luz Guerreiro, que xunto cos feitos polo alumnado de “Métodos estatísticos e numéricos” de 2º de Bacharelato guiados pola profesora de matemáticas Carmen Núñez Paños enchen as paredes do “Gregorio Fernández”.
Igualmente, a profesora de Lingua Española, Raquel Barreira, traballou co alumnado de 1º da ESO as mulleres da literatura española. Virginia Basanta, profesora de música, elaborou co alumnado de 4º de PDC uns fermosos carteis sobre as mulleres destacadas no mundo da música.
E vendo tanta implicación, ata os dos Ciclos Formativos se animaron. A profesora de Formación e Orientación Laboral, Ana Isabel López Valín, fixo cos de 2º de Instalación e Mantemento Electromecánico de maquinaria unha mostra sobre a muller traballadora e a súa loita coas inxustizas laborais.
Abraiados quedamos ao ver os logros de tantas mulleres espallados polos corredores. Para que logo digan que os de ciencias e os dos ciclos non len. Len, escriben e fan que os demáis leamos e aprendamos.
Un excelente traballo de investigación completado coas obras e escritos de distintas traballadoras, que nestos días enchen o expositor da biblioteca. Sirva de homenaxe ás que o logro do seu recoñecemento lles costou moito máis que aos homes e noraboa ás profesoras e ó alumnado que tanto se implicaron neste excelente traballo.
Se queres saber máis sobre o 8 de marzo, pincha na caza do tesouro, onde tes un xogo de preguntas e respostas elaborado pola profesora Encarna Fernández de Puentedeume.

3 comentarios:

pere_gf dijo...

si si, a verdade e que os traballos estan moi ben, pero ahi non se comenta nada dos de 1º de Bac de humanidades, k fomos que recopilou a informacion das mulleres na historia da musica.

alumnos 4º pdc incluido carlos jeje dijo...

xa xa!!!!! quens buscastes alguhna da informacion fostes vos
pero nos os de 4 DE PDC tivemos q resumir os vosos textos, rematar de buscar os datos das "artistas" da musica, buscar as fotografias e logo buscar mais "artistas" e rematar e perfccionar os nosos murais!!!!!!!!

TEDES ALGO MAIS QUE COMENTAR??

bibliofiz dijo...

Fe de erratas:
Apreciados blogueiros.Dende o bibliofiz queremos pedir disculpas ós alumnos de 1º de BAC (Música) por esquencernos de vos nesta entrada. Mil perdones e grazas por estar atentos.