Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

sábado, 15 de octubre de 2022

Obradoiros de caligrafía creativa

 


"Escribir a biblioteca escolar" é o lema deste curso elixido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares. Así que prestando atención á importancia da boa letra e da creatividade, consideramos que un novidoso xeito de celebralo podería ser cos obradoiros de Lettering que o 14 de outubro tiveron lugar na nosa biblioteca da man da experta viguesa Mónica Martínez do Estudio Sopa de Letras 

Mónica ensinou ao alumnado de ESO que cursa Plástica os trazos básicos para iniciarse na arte do Lettering, coñeceron de primeira man os materiais usados, practicaron nos caderniños de caligrafía e grazas ao gran esforzo e atención dos aprendices vimos que os resultados foron moi bos e que xa escribiron cousiñas moi fermosas. 

Esta actividade foi organizada pola nosa biblioteca en colaboración co departamento de plástica que seguro que conseguirá que todo se escriba mellor e forma parte das actividades para conmemorar o próximo 24 de outubro, Día da Biblioteca Escolar.










No hay comentarios: