A mostra xira en torno ás cantigas do trobador Martín de Padrozelos, natural de Praducelo de Lóuzara no concello de Samos. Son todas de finais do século XI e principios do XII e trátase neste caso de nove de amigo e unha de amor.
A exposición está organizada por Apecsa en colaboración coa nosa biblioteca "Fiz Vergara Vilariño" e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES "Gregorio Fernández".
Estará aberta tamén polas tardes para o público en xeral, quen poderá apreciar non só a gran sensibilidade do trobador Martín de Padrozelos, senón tamén da importancia de lugares moi próximos a nós que xa por aqueles tempos inspiraban ós poetas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario