Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 18 de noviembre de 2019

PRESENTACIÓN LIBRO


O pasado xoves, 14 de novembro, na Casa da Cultura de Sarria celebrouse o acto de presentación do libro “Fiz Vergara Vilariño. Non deixes que a tardiña me sorprenda”.
Este libro é unha antoloxía da poesía do poeta louzariño cun estudo da mesma realizados por Yago Rodríguez Yáñez.
Yago, que foi profesor do noso instituto aló polo 2006 e 2007, xa ten escrito outro libro sobre o poeta que dá nome á nosa biblioteca.
Nesta presentación, organizada pola biblioteca Fiz Vergara Vilariño, coa colaboración da Galería Sargadelos e do Concello de Sarria, interviñeron: Reyes Abella, concelleira de Cultura; Eduardo Rey, profesor do noso centro e amigo de Fiz e de Yago; Paco Castro, director xeral da editorial Galaxia, e o autor do libro, Yago Rodríguez Yáñez. Celebrouse nun salón moi concurrido, entre os que se atopaban familiares do poeta de Lóuzara.






No hay comentarios: