viernes, 4 de mayo de 2018
O club de lectura debatiu sobre "A dúbida" de María Reimóndez
O 27 de abril tivemos unha moi agradable tertulia en torno a "A dúbida", novela da escritora lucense María Reimóndez, premiada na XIV edición do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.
É esta unha novela corta, áxil e fácil de ler que trata dun xeito moi atractivo o tema do abuso aos menores con clara vontade de denuncia social dende o punto de vista dunha muller que se ve atrapada nunha angustiosa situación.
A novela gustou e enganchou a todas as integrantes do club, polo que dende a biblioteca recomendamos achegarvos e descubrir cales son os motivos desta desacougante dúbida.
A nosa próxima lectura vai ser a obra de teatro de Castelao "Os vellos non deben de namorarse" coa que esperamos rir e celebrar o mes das Letras no que xa estamos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario