viernes, 11 de mayo de 2018
Letras Galegas 2018: María Victoria Moreno
Achégase o gran Día das Letras Galegas, que este ano está adicado á escritora María Victoria Moreno. Pensando en que saibades un pouquiño mais dela, o equipo da biblioteca montou a escultura móbil que preside a entrada do instiuto e mais a exposición das súas obras no expositor da biblioteca.
O profesor Eduardo Rey fixo os marcapáxinas nos que lembra á homenaxeada de orixe extremeño quen escribiu : "A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor".
María Victoria Moreno foi tamén unha profesora que soubo valorar os libros que, afortunadamente, todos temos perto. Compartimos aquí a cita tamén impresa nos marcapáxinas con que vos agasallamos: "Vivimos nun mundo poboado de libros que son patrimonio de todos: se sabemos enxuizalos, valoralos e desfrutalos seremos máis cultos, máis sensibles, máis libres e máis felices".
Fermosas reflexións que nos levan hacia a nosa lingua e á felicidade que nos proporcionan os libros. Aproveitemos estas oportunidades e sexamos felices!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario