Hai moitos xeitos de descubrir aos clásicos, ao xeito tradicional ou de formas máis innovadoras e adaptadas como as que ofrece a editorial "la otra h" que xa temos nos andeis da nosa biblioteca.
Neste caso, Estevo Aldea de 2º de ESO tivo unha cita a cegas con esta versión do "Moby Dick" de Herman Melville e esta é a súa reseña:
" O manga gustoume moito, non só a historia está ben senón que conseguiron adaptar un libro a un manga perfectamente. O apartado de debuxo está moi ben feito e está debuxado con un estilo agradable. A narración e os diálogos son impecables, non ten moito texto pero pódeste dar conta do que está pasando, sen dúbida recomendoo e espero que sigan traendo mangas a biblioteca."
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario