A alumna Fátima Feijoo tivo unha cita a cegas cun libro que fala de meigas e feitizos. Neste caso, a súa reseña di que "La pequeña bruja é un libro que fala sobre Lisbeth, que é unha nena pouco entendida pola sociedade. Os seus pais están sempre traballando e os seus compañeiros apártanse dela porque ten a manía de acabar as frases da xente. A única persoa que a comprende é a súa avoa, coa que vai pasar as vacacións de nadal. Neste nadal, Lisbeth descubriu mentres xogaba cun amigo no desván que a sua avoa e ela son bruxas".
Este libro xa está dispoñible e agárdavos nos andeis da nosa biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario