Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 26 de septiembre de 2017

A biblioteca xa está en marcha

Ola a todos:
Arranca o novo curso e con él a biblioteca. Comezamos facendo expurgo de materiais que xa non se usan, así que se che interesa algún, achégate ao expositor da imaxe, colle o que che interese e dalle uso.
Entretanto, a biblioteca está en proceso de formación dos dous grupos do club de lectura: o de adultos  (no que pode participar calquera persoa con máis de 16 anos, alumnos, pais, nais e persoal non docente están tamén invitados) e o de adolescentes, que este curso vai xirar en torno ao manga.
A biblioteca está tamén seleccionando as revistas que imos ter na nosa sala a disposición de todos. Tes algunha petición?
Achégate e pregunta por Raquel Arias, quen estará encantada de escoitar as túas ideas e suxestións.
E non perdas isto, o horario da biblioteca para este curso:

Agardámoste!

No hay comentarios: