Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 29 de septiembre de 2017

Bibliotour 2017



Onte tivemos unha visita moi especial, a dos alumnos de 1º de ESO que acaban de comezar a súa andaina polo noso instituto e que viñeron coñecer as instalacións e o funcionamento da nosa biblioteca e que se mostraron encantados de atopar tantas cousiñas na biblioteca.
Por certo, sabiades hai un grupiño de alumnos que está a organizar un club de lectura de Manga?
Entérate de que vai acudindo á reunión do luns 2 de outubro no recreo na biblioteca.

miércoles, 27 de septiembre de 2017

Primeira reunión do club de lectura de adultos



Se tes máis de 16 anos (sexas quen sexas, 


alumno, pai, nai ou persoal non docente) e 


che gusta ler....




Apúntate ao club 



de lectura




Reunión: Xoves 28 de setembro ás 11:15 na biblioteca




Necesitamos concretar o número de participantes, os días e 


a frecuencia das reunións, así como o que queremos ler este 


curso

martes, 26 de septiembre de 2017

A biblioteca xa está en marcha

Ola a todos:
Arranca o novo curso e con él a biblioteca. Comezamos facendo expurgo de materiais que xa non se usan, así que se che interesa algún, achégate ao expositor da imaxe, colle o que che interese e dalle uso.
Entretanto, a biblioteca está en proceso de formación dos dous grupos do club de lectura: o de adultos  (no que pode participar calquera persoa con máis de 16 anos, alumnos, pais, nais e persoal non docente están tamén invitados) e o de adolescentes, que este curso vai xirar en torno ao manga.
A biblioteca está tamén seleccionando as revistas que imos ter na nosa sala a disposición de todos. Tes algunha petición?
Achégate e pregunta por Raquel Arias, quen estará encantada de escoitar as túas ideas e suxestións.
E non perdas isto, o horario da biblioteca para este curso:

Agardámoste!