Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 15 de mayo de 2017

"A mansión dos Pampín" no club de lectura




O club de lectura "De tertulia" reuniuse o pasado 12 de maio para falar da nosa última lectura: "A mansión dos Pampín" de Miguel Anxo Prado. Dende a biblioteca, recomendamos encaredimente esta novela gráfica do ano 2004, un libro para todas as idades que dun xeito moi orixinal, traxicómico e retranqueiro conta a historia dunha herdanza ao tempo que polo libro desfilan figuras coma a do alcalde especulador, o constructor avaricioso ou o suposto mito do progreso deste país basado en facer pisos e arramplar con todo. Soavos de algo?

O autor do libro e debuxante de banda deseñada Miguelanxo Prado foi galardoado co Premio dos Clubs de Lectura pola súa contribución ao impulso da lectura en galego entre o alumnado que participa nos clubs de lectura de ensino secundario de Galicia. Miguelanxo Prado foi un dos autores máis lidos polos clubs de lectura no curso 2015/2016. O premio seralle entregado o 17 de xuño na que será a X Xornada dos Clubs de Lectura, e que se celebrará en Compostela coa asistencia de un milleiro de lectores e lectoras, entre profesorado e alumnado, en representación dos máis de 11.000 lectores dos clubs de lectura de Galicia, do ámbito educativo.

No hay comentarios: