Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 31 de mayo de 2017

Exposición das fotos do 2º Concurso de Fotografía Matemática



Ata o próximo 15 de xuño permanecerá exposta na biblioteca unha selección das fotografías participantes no 2º Concurso de Fotografía Matemática. Como podedes ver, hai moitas e moi boas. Os premios foron entregados o pasado 26 de maio no recital do Día das Letras Galegas. Algúns dos  suxerentes títulos premiados foron na categoría de 1º e 2º de ESO foron: 1º Premio: “Paralelas do camiño peregrino francés” (Iria López, 2º ESO), 2º Premio: “Escaleiras rectangulares sin fin” (Fátima Feijoo, 2º ESO); e na categoría de 3º e 4º de ESO e Bach o 1º Premio foi para “Diez triángulos isósceles comestibles” (Cristina Mato 3º ESO) e o 2º Premio “No máximo absoluto da parábola que describes” (Auria Aldea 1º BAC). Noraboa!


lunes, 22 de mayo de 2017

CLUBE DE LECTURA "LER DE LAR": ÚLTIMA SESIÓN DO CURSO CON MIREN PASTOR

Vaise remantando o curso e para facelo da mellor maneira, no noso clube de lectura xuvenil decidimos facer unha sesión especial e diferente. Para a terceira avaliación escollimos un tipo de edición que apenas ten acollida nas librarías convencionais: o fotolibro. No estado español experimintouse unha explosión editorial deste tipo de máquinas creativas da man de autores e autoras coma Cristina de Midel, Ricardo Cases, Julián Barón ou Miren Pastor. Precisamente da man desta última autora, decidimos entrar de cheo no mundo dos fotolibros e preparamos unha sesión moi especial co su fotolibro: "Bidean"





Para falar de "Bidean" argallamos realizar un encontro on line coa súa autora, e de xeito paralelo, realizamos unha montaxe visual co propio libro seguindo as propias indicacións de Miren Pastor. Miren deunos como agasallo un magnífico rato sobre fotografía, imaxe e sentido do fotolibro. Estivemos preto dunha hora falando de moitas cousas: a diferencia entre un fotolibro e un catálogo con fotografías convecional, a importancia do ritmo e a orde na secuenciación das imaxes, o sentido do que queres decir e que non queres revelar en cada imaxe... Adicou unha parte do noso encontro a presentarnos "Bidean" que significa "en tránsito" ou "de camiño" en éuscaro. Este fotolibro é a segunda entrega dunha serie que aínda non ten previsión de rematar (aínda que xa está a traballar na terceira entrega) e que prentende achegarse á realidade do propio irmán da autora en distintos momentos de cambio ou transformación da súa propia vida. Nos vimos "Bidean" como un xogo de texturas e alusións poéticas e non poéticas sobre o propio devalar da existencia. Os/as nosos/as lectores/as ficaron encantados/as por achegarse (agora si con máis intención...) máis directamente a este fascinante obxecto que é "Bidean"



Miren tamén nos presentou outros fotolibros que para ela lle resultaron significativos ou importantes na súa comprensión do feito fotográfico e do propio fenómeno do fotolibro. Trátase de "End of An Age" (1998) de Paul Graham, un mosaico xeneracional sobre a mocidade na súa transición á edade adulta; un fotolibro moi semellante na temática a "Bidean" pero moi diferente no seu plantexamento visual. "Las hermanas Brown" de Nicholas Nixon, unha serie de retratos evolutivos da muller do autor xunto coas súas tres irmáns ao longo de toda a súa vida. E tamén vimos o fantástico "Fond du Lac" de Christian Patterson un fotolibro feito sobre a propia guía de teléfonos local desta cidade estadounidense.






O encontro con Miren deixounos unha sensación de certa curiosidade sobre o universo dos fotolibros. Foi extraño achegarse a un libro sen apenas textos que había que ver como unha película pero con imaxes fixas...! Foi toda unha experiencia. Agardamos achegarnos a máis fotolibros e aumentar así a nosa cultura visual! Ata entón iremos con Miren Pastor como madriña de botadura na nosa singradura cara novos rumbos!! Gracias Miren!






martes, 16 de mayo de 2017

Letras Galegas 2017: Carlos Casares e moito máis

Temos os corredores de entrada á nosa biblioteca cheos de paneis coa exposición “O GALEGO TAMÉN NOUTROS MUNDOS”, que continúa a circular polos centros de ensino de Sarria. A mostra, cedida polo Concello de Sarria, fai un percorrido histórico e xeográfico polo emprego da lingua e a cultura galega en distintos países e ámbitos, desde o recoñecemento universal das cantigas medievais, ata o emprego da nosa lingua por poetas como García Lorca, o éxito mundial da música galega ou o valor engadido da lingua no eido da publicidade e do márketing.


Ademáis, o Día das Letras Galegas 2017 está adicado ao escritor Carlos Casares. Ollade a súa prolífica obra no expositor da biblioteca e prestade atención á exposición dos carteis elaborados polo IES "Carlos Casares" de Vigo sobre a súa traxectoria. A exposición estará ata o próximo 15 de xuño, así que non a perdades.





lunes, 15 de mayo de 2017

"A mansión dos Pampín" no club de lectura




O club de lectura "De tertulia" reuniuse o pasado 12 de maio para falar da nosa última lectura: "A mansión dos Pampín" de Miguel Anxo Prado. Dende a biblioteca, recomendamos encaredimente esta novela gráfica do ano 2004, un libro para todas as idades que dun xeito moi orixinal, traxicómico e retranqueiro conta a historia dunha herdanza ao tempo que polo libro desfilan figuras coma a do alcalde especulador, o constructor avaricioso ou o suposto mito do progreso deste país basado en facer pisos e arramplar con todo. Soavos de algo?

O autor do libro e debuxante de banda deseñada Miguelanxo Prado foi galardoado co Premio dos Clubs de Lectura pola súa contribución ao impulso da lectura en galego entre o alumnado que participa nos clubs de lectura de ensino secundario de Galicia. Miguelanxo Prado foi un dos autores máis lidos polos clubs de lectura no curso 2015/2016. O premio seralle entregado o 17 de xuño na que será a X Xornada dos Clubs de Lectura, e que se celebrará en Compostela coa asistencia de un milleiro de lectores e lectoras, entre profesorado e alumnado, en representación dos máis de 11.000 lectores dos clubs de lectura de Galicia, do ámbito educativo.

jueves, 11 de mayo de 2017

Concurso Agora Caio! - 9º Reto - Solución

AGORA CAIO!  9º RETO 

A solución ao último Reto deste curso era Carlos Casares. NORABOA AO EQUIPO SEIJAS! 4 PUNTOS MÁIS!

miércoles, 10 de mayo de 2017

Gañadores do Concurso "E ti, que fas cos libros?"

Gañadores:
Categoría ESO:
·     Modalidade: Usar os libros como material de traballo.
               Obra premiada: Rato. Autor: Raúl Pereira Vilar (3º ESO)
·     Modalidade: Usar outros materiais que representen libros.
               Obra premiada: Carrusel de libros. Autora: Cati Fernández Pardo  (1º ESO)

Categoría Bach e Ciclos:
·     Reloxo – libro. Autora: Naomi Vázquez Vázquez (1º CAF)

Os premiados recibirán o seu vale regalo no acto que se celebrará o 26 de maio no salón de actos.


lunes, 8 de mayo de 2017

Agora Caio! - 9º Reto

AGORA CAIO!  - 9º RETO 

TEMA: ???
Pista
Que teñen en común estas imaxes?
Con este último reto rematamos o concurso. MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!

miércoles, 3 de mayo de 2017

Agora Caio! - 8º Reto - Solución

AGORA CAIO!  8º RETO 

TEMA: Divertida figura literaria
Noraboa ao equipo SEIJAS!!!
Deron coa resposta correcta: PALÍNDROMO
e como foi coa primeira pista suman 4 puntos.