Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 24 de abril de 2017

E por fin falamos de "Patria" de Gonzalo Aramburu no club de lectura


O pasado 21 de abril o club de lectura de adultos reuniuse para falar do afamado "Patria" de Gonzalo Aramburu, que acaba de obter o galardón de Premio de la Crítica 2017.
Cando comezamos a interesarnos por "Patria" vimos que tiña 650 páxinas, así que plantexamos o reto de lelo dende marzo ao mes de xuño. Non puido ser, "Patria" é un disos libros adictivos, que engancha e que non podes de deixar de ler. Así que tras dúas ou tres semanas de empréstito, os exemplares ían volvendo á biblioteca co comentario de "Xa o rematei. Encantoume". "Patria" é un deses libros co que recuperas a paixón por ler outro capítulo, e que é ao mesmo tempo un exemplo de boa literatura escrito en forma de novela coral cunha linguaxe sinxela e sentida por persoas moi normaliñas ás que lles tocou vivir en Euskadi nos anos oitenta e noventa.
Co trasfondo do día en que ETA anuncia o abandono das armas, imos coñecendo a historia do Txato, un transportista asasinado polos terroristas e da súa familia, moi ligada noutros tempos a otra familia amiga e veciña.
Na reunión falamos con paixón dalgúns dos temas do libro e, sobre todo, do final, o máis descafeinado para algunhas.



Congratulámonos do feito de que foron moitas as persoas non membros do club que leron ou estar a ler este libro, que é xa tema de conversa en moitas das tertulias do instituto. Así que non o dubidedes mais e achegádevos á biblioteca. Hai un "Patria" agardándovos.

No hay comentarios: