Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 21 de abril de 2017

Clube lectura "LER de LAR": tertulia literaria arredor de "AQUí VIVIÓ"

O clube de lectura xuvenil "Ler de Lar" sigue a súa andaina. Nesta ocasión, xuntámonos para compartir a banda deseñada co título "Aquí vivió" de Isaac Rosa (guión) e Cristina Bueno (debuxo) publicado recientemente por Astiberri. A segunda das lecturas programadas para este ano escolleuse por tocar un tema de bastante actualidade (os desafiuzamentos) dende a perspectiva da banda deseñada. O certo é que tivo unha boa acollida entre o noso clube de lectura máis novo e todos/as coincidiron en que a publicación lles gustara aínda que, coma sempre, houbo matices. A maioría acordaron en sinalar que o plantexamento gráfico era claro e estaba moi atinado sobre o desenvolvemento da propia narración. Algúns apuntaron que certas partes do relato (aparicións da Sra. Carmen) eran un tanto confusas mentres outros destacaron o ton máxico das mesmas. O clube valorou moi positivamente a publicación e agarda agora a derradeira e todavía inédita lectura. Estamos xa apurando a que se desvele o segredo!! Que será?

No hay comentarios: