Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 15 de marzo de 2017

"Te quiero como siempre quise odiarte"

O pasado  venres 10 de marzo tivo lugar a reunión do club de lectura. Nesta ocasión, falamos dun libro de poesía actual, distinto e moi novedoso. O autor é Luis Ramiro, un cantautor madrileño que conta con moitos seguidores nas redes. Houbo opinións moi diversas, desde as que quedaron fascinadas por certos poemas, ata as que pensan que é unha poesía demasiado sinxela que pouco lles aporta. Probade este petisco vos mesmos e opinade! O libro agárdavos nos andeis da biblioteca.
Dende o club de lectura,queremos animarvos a uniros ao noso reto: Patria (650 páxinas), a novela do ano. Paga a pena! Dende de marzo ata xuño leremos esta gran novela pouquiño a pouco e irémola comentando nas reunións mensuais.


No hay comentarios: