Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 25 de octubre de 2016

Celebramos o "Día de Biblioteca"

O luns 24 de outubro foi o "Día da Biblioteca" e, que mellor xeito de celebralo, que vindo á biblioteca. Sabiamos que temos máis de 16.000 documentos dentro dela, pero.........cantos cabemos na biblioteca? Así que retamos aos nosos usuarios a bater un record de persoas dentro da biblioteca, e conseguimos que 60 persoas entraran na biblioteca co seu libro. Como vedes, a convocatoria foi un éxito e aproveitamos a ocasión para facer esta foto, que recolle a ilusión e as ganas con que viñeron vernos. Que as lecturas vos acompañen en todo momento e non deixedes de visitar as bibliotecas que sempre están ahí, espalladas polo mundo, no nosos pobos e no noso instituto. Non o esquezas, na biblioteca sempre hai algo ou alguén agardándote.

No hay comentarios: