Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 17 de octubre de 2016

A biblioteca comeza a bulir


Como cada curso, a biblioteca ponse en marcha. Hoxe, luns 17 de outubro, comezou a "Hora de Ler" na E.S.O. e en F.P. Básica. Esta actividade vaise desenrolar ata finais de maio de 2017 e esperamos que serva para mellorar a competencia lectora e que sexan moitos os que aproveiten este momento para descubrir a maxia da lectura.
Comezaron tamén o seu deambular as dúas mochilas viaxeiras hacia os fogares do alumnado de 1º da E.S.O. Os primeiros afortunados deste curso foron Laura Caldas Rodríguez e Jorge López Rodríguez, quen posaron coas súas mochilas recén entregadas o venres 14 de outubro. Agardamos que todo o que conteñen encha as súas casas de bos momentos para disfrutar en familia.

No hay comentarios: