Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 25 de abril de 2016

Día do libro 2016

Como cada ano, o Día do libro deu moito de si. Enchemos a biblioteca de libros colgados, colgamos globos cargadiños coas portadas dos nosos libros favoritos, entregamos os premios dos dous últimos concursos organizados pola biblioteca, expuxemos un bo número de chistes relacionados co libro e a lectura, fixemos camiño ata a biblioteca cos libros que en nos deixaron pegada, o profesor Lois Gutiérrez confeccionou unha exposición con información e fotos sobre bibliotecas destruídas ao longo do tempo e o Equipo de Dinamización Lingüística fixo un vistoso mural coas aportacións do alumnado en torno ao Libro. Como se ve, actividades non faltaron.

Dende a biblioteca lanzamos as preguntas: Sen libros, máis libres? Por que en moitos conflitos bélicos se destrúen bibliotecas?

Aquí vos deixamos algunhas imaxes destas actividades, pero o mellor é que vos acheguedes e que leades. Os libros agárdanvos. Non os deixedes pasar.

No hay comentarios: