Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 14 de septiembre de 2015

Na biblioteca .... moito que ver

Un saúdo para todos e especialmente para os que se incorporan este curso. De novo por aquí andamos. Nervios, presas e moitas emocións. Que será isto do instituto? Como van cambiar as cousas?
Dende a biblioteca queremos invitarvos a coñecernos, a achegarvos a nós. Estamos abertos para todos, alumnos, pais, nais, profesorado, comunidade educativa e veciños do pobo de Sarria.
Se es pai ou nai, tan só lembrarte que a biblioteca tamén pon á túa disposición libros, prensa e películas adecuadas ás túas preferencias. Este curso seguiremos ademais co club de lectura “De tertulia” para lectores a partir dos 16 anos. Próximamente informaremos da posta en marcha do club ao que estades todos invitados, así que estade atentos a este blog.
Date unha voltiña pola biblioteca, polo noso blog e accede ao noso catálogo desde aquí. Non te cortes, se necesitas algo aquí estamos, para escoitarte e axudarte. Conta con nós, porque a biblioteca ten moito que ver.

No hay comentarios: