Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 7 de mayo de 2015

"Throne raiders", teatro en inglés


A compañía de teatro Face2Face representou no noso instituto a obra de teatro en inglés Throne Raiders, que contou cun enorme e desternillante éxito. A representación contaba inicialmente con dous actores nativos (australiana e norteamericano) que se viron acompañados na escea por cinco espectadores-actores da nosa terra que parecían feitos para o teatro. Como vedes nas imaxes, pasámolo moi ben e practicamos inglés doutro xeito.
Acompañáronnos novamente nesta actividade os alumnos de ESO do CEIP “Ramón Piñeiro” da Pobra de San Xiao.


No hay comentarios: