Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 9 de abril de 2015

"Cousa de conto" con Celso Fernández Sanmartín


O 9 de abril recibimos a Celso Fernández Sanmartín, un excelente contacontos das terras do Deza, grazas ao Equipo de Dinamización Lingüística e ao profesor de Historia Lois Gutiérrez Faílde. O encontro co alumnado de ESO, 1º de Bacharelato e 1º de Formación Básica resultou moi ameno e agradable e serviu para lembrar o poder dos contos e da tradición oral como fonte de entretemento e de aprendizaxe. Os contos tiñan que ver coa emigración, coas festas, cos fiadeiros, coa morte, co lobo.....
Atentísimos estivemos todos a eses contos tan vellos dos tempos das avoas detrás da lareira á calor do lume en que non había televisión nin radio, pero nos que a retranca galega estaba moi presente e segue a facernos rir. Chamou a atención como o alumnado pouco habituado a escoitar este tipo de contos da tradición oral estivera atento ata o final, claro que o contador tamén foi fundamental, xa que coa súa palabra, retranca e xesticulación, logrou manter a atención ata o final.

No hay comentarios: