Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 9 de marzo de 2015

Falamos de "Groucho y yo" na última reunión do club de lectura


O venres 6 de marzo reuniuse o club de lectura para falar da súa última lectura conxunta, o libro de Groucho Marx "Groucho y yo", unha suposta autobiografía do autor-actor que deu moito que comentar. Quedámonos coa súa mirada ácida e irónica da realidade e do tempo que lle toucou vivir. Os integrantes do club recomendamos unha lectura pausada e reflexiva desta obra, que vos fará rir, pero tamén vos levará a pensar que en moitos aspectos as cousas que están a pasar no século XXI non cambiaron tanto.
A próxima lectura do club é a novela "El bolígrafo de gel verde" de Eloy Moreno, da que falaremos o venres 8 de maio.

No hay comentarios: