Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 25 de febrero de 2015

Día de Rosalía 2015

O martes 24 de febreiro de 2015 tivo lugar a escenificación poética coa que celebramos o Día de Rosalía. Como podedes ver nas imaxes, a implicación e participación do alumnado de ESO, Bacharelato e 1º do Ciclo Medio de Xestión Administrativa foi total: máis de cen artistas no escenario recitando e cantando poemas de Rosalía de Castro. Impresionante e emocionante!
Rematou o acto co poema "Prá A Habana" lído por un grupo de profesores, cos créditos dos participantes en fotos en primeiro plano e coa reivindicación de que o Día de Rosalía se conmemore cada ano como se merece.
Graciñas a todos os que fixestes posible que este acto saíra adiante como se merece!

No hay comentarios: