Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 18 de junio de 2014

Tempo de despedidas, ata sempre querido Gustavo

Onte sorprendíanos unha pésima noticia: a repentina e inesperada morte do noso excompañeiro Gustavo Castro, profesor de Relixión no IES “Gregorio Fernández” ata o curso pasado.
Marchaches sen despedirte, sen tempo a dicirnos adeus. Seguro que alá onde esteas seguirás co teu sorriso na boca, sempre afable, sempre retranqueiro, sempre de bo humor. Sementabas paz alí onde estabas e por iso todos te queriamos.
Queremos lembrarte así como ti eras, unha desas persoas que fan que o mundo sexa un pouquiño mellor. Algún día nos atoparemos de novo e volveremos rir contigo, sempre compañeiro e excelente amigo Gustavo. Que a terra te sexa leve...
Queremos lembrarte como estás nesta foto, na actividade de padriños lectores que celebramos o 14 de febreiro de 2012 na escola de Educación Infantil de Sarria xunto cos alumnos de 1º de ESO do IES “Gregorio Fernández” grazas á túa inestimable colaboración. Non te esqueceremos.

6 comentarios:

bibliofiz dijo...

Grazas, Gustavo!!!

bibliofiz dijo...

Ata sempre, meu!
(O blogueiro impertinente)

Unknown dijo...

Gustavo, para ou recordo queda xa unha frase que nos dixeches aos alumnos de 3º ESO aló polo ano 2007: "bon home si, pero non estúpido".
Votarémoste moito de menos.
Sempre serás o único e insubstituíble Gustavo.

Virgi dijo...

R.I.P a un gran compañero, a una gran persona, a alguien al que admiré, a alguien con el que podía hablar de cualquier tema abiertamente, que siempre tenía sus brazos abiertos y un gesto de cariño y apoyo. Una persona amable, buena, comprensiva, cabal, honesta y maravillosa. Siempre estarás en mi memoria e iluminando el camino como un ejemplo de vida entregada tanto a nivel personal como laboral, en las buenas y en las malas. En el cielo estarán de fiesta.
Que seas feliz querido amigo. Aquí te echaremos muchísimo de menos.

Anónimo dijo...

Non era necesario que foras o noso profesor directo, que nunca compartíramos unha clase contigo, e aínda así sempre estiveche presente no noso camiño pola educación, fuches eres e serás sempre un grande nas nosas vidas, votaremoste de menos día tras día, os teus consellos e as tuas gracias, fixechesnos tan grandes dentro do pequenos que eramos que non pasa por alto para naide. Gracias Gus porque deixaches aquí a mellor pegada de todas cantas puideches deixar, somos o teu orgulloso legado. Sempre irá con nos un pedaciño de ti. D.E.P. Gustavo.

Unknown dijo...

Gustavo (CHAVO para sus familiares, amigos y toda la gente de su pueblo natal de Villarrubín) será siempre recordado como lo que ha sido toda su vida: UN HOMBRE BUENO en su sentido más amplio.
Chavo ha sido una persona alegre, coloquial, siempre de "buen rollo", pacífico, sin enemigos,......
Entre su familia y vecinos de Villarrubín deja un enorme espacio lleno de tristeza, pena, rabia,...
A los que le queríais rogad por él. Y a tí, Chavo, a tí que tienes ya al gran JEFE mucho más cerca, pídele también por todos nosotros. D.E.P.
Carlos López (Villarrubín)