Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 1 de mayo de 2014

On the way - Practicando inglés no Camiño


O pasado 30 de abril, o alumnado de 1º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas puxo en práctica os seus coñecementos de inglés mediante unha nova experiencia lingüística consistente en falar con peregrinos de lingua inglesa que se atopaban facendo o Camiño ao seu paso por Sarria.
Tras traballar e preparar en clases anteriores as preguntas a facer aos peregrinos, centradas non só na súa experiencia no Camiño, senón sobre todo nas diferenzas culturais entre Galicia e os seus países de orixe, o alumnado demostrou as súas capacidades e manexo do inglés. Resultou unha experiencia moi motivadora e enriquecedora, na que tivemos ocasión de aprender unhas chea de cousas sobre os Estados Unidos, Irlanda e Alemaña.
Foi esta unha das actividades realizadas a proposta do Departamento de Inglés e da Biblioteca como unha actividade de extensión cultural mais.
Dende aquí queremos agradecer a amabilísima colaboración dos peregrinos cos que falamos e que posiblemente hoxe xa estarán un pouquiño máis cerca de Compostela.

No hay comentarios: