Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 20 de febrero de 2014

O escritor Xosé Miranda, de novo entre nós


O Departamento de Lingua e Lit. Galegas organizou as dúas charlas que o escritor Xosé Miranda impartiu o pasado 19 de febreiro. Ás 12:25 h. tivo lugar unha charla-conferencia para o alumnado de 1º de ESO que leu a súa obra Pel de lobo. Neste caso, o autor respondeu a algunha das preguntas que o alumnado lle foi facendo ao longo de toda a hora.
Ás 13:15 h. impartiu outra charla-conferencia para alumnado de 4º ESO, na que lles falou da súa novela, Morning Star e fixo comentarios relativos a Benito Soto, Mornig Star, La Burla Negra e á Revolución de 1846. Falou tamén do enorme traballo de investigación que tivo que facer para a realización da obra. As dúas charlas foron ben acollidas por parte do alumnado.

No hay comentarios: