Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 3 de febrero de 2014

Fin do concurso dos slogans e actividades con motivo do San Xoan Bosco


O venres 31 de xaneiro foi un día cargadiño de actividades na bilioteca e no noso instituto con motivo da celebración do San Xoan Bosco. Como podedes ver nas imaxes, mentres algúns andaban como tolos á caza do tesouro en busca das pistas agochadas que finalmente os levaron á biblioteca, outros competían en durísimas partidas de xadrez nas que houbo moito que pensar.
O tesouro atopárono Andrés Dono Arias e Iago Fernández López de 3º de ESO, quenes tiveron moitas voltiñas que dar antes de chegar á pista definitiva.
Houbo ademais un concurso de fotos nas que o mellor conxunto de fotos foi para José Manuel Merino Castro de 3º de ESO e o premio á foto máis orixinal foi para a parella composta por Lara Fernández Buján e Saray López Losada de 1º de ESO.
O premio ao concurso de xadrez foi para Iago Quiroga López de 2º de Bach.
Todos eles recibiron unha memoria USB e unha libreta da biblioteca
A xornada rematou coa entrega de premios dos distintos concursos aos que sumamos os da novena edición do concurso dos slogans en inglés. Nesta ocasión as gañadoras foron:
1º: Lucía López e Aitana Sánchez (2º Bach) con 111 slogans.
2º: Xandra Agra e Andrea Fernández (1º CMXAD) con 110 slogans.
Cada unha das catro campeonas recibiron unha memoria USB e unha libreta da biblioteca. Ademáis, as parellas que pegaron máis de 15 slogans recibiron tamén unha libreta e un bibliopunto extra.
Noraboa a todos!

1 comentario:

Lucía López, 2º Bach. dijo...

Sempre me gustaron as actividades deste día! Unha pena que este ano me coincidisen outras cousas coa busca do tesouro, gustaríame buscar ata chegar á pista final!