Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 31 de enero de 2014

Viaxe a Compostela


O xoves 30 de xaneiro o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bach acudiu a Santiago grazas á actividade organizada organizada polo DEPARTAMENTO DE LINGUA E LIT. GALEGAS coa colaboración do DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA. Alí visitaron o Parlamento Galego e na biblioteca os alumnos propuxeron diversos temas para debater. Xa no hemiciclo recitaron entre todos “Adíos ríos…” e alumnas de 1º de BAC cantaron a “Negra sombra” de Rosalía de Castro.
Despois visitaron o Pazo de Xelmirez e as cubertas da Catedral. Ao longo do percorrido puideron visitar a catedral desde encima do Pórtico da Gloria e seguidamente recibiron explicacións sobre a construcción da Catedral e todos os monumentos que a rodean.
Xantaron no Centro Superior de Hostelaría e, onde o alumnado tivo ocasión de recibir unhas explicacións do seu funcionamento e das diferentes aulas do centro e o tipo de ensinanza que alí se imparte.
Visitaron tamén o Museo do Pobo Galego, onde recibiron explicacións da igrexa de Santo Domingos de Bonaval e o Panteón de Galegos Ilustres.

No hay comentarios: