Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

domingo, 26 de mayo de 2013

VII Olimpíada Tecnolóxica



O 24 de maio tivo lugar en Sarria a VII Olimpíada Tecnolóxica, chamada nesta ocasión “A revolta dos Seurros”. Participaron os alumnos do CPI de Cervantes, IES “Leiras Pulpeiro” de Lugo, CPI “Poeta Uxío Novoneira” de Seoane do Caurel, CPI de Castroverde e IES “Gregorio Fernández” de Sarria. O noso centro actuou como anfitrión e os alumnos participaron en equipos por niveis con representantes de cada centro en cada un dos equipos. Loitaron cos seus coñecementos tecnolóxicos, con verbas na súa lingua, sempre en grupo e sempre dialogando.
Desenrolouse nunha xornada moi dinámica, entretenida e ben organizada na que ata o tempo nos acompañou. Houbo de todo un pouco, olimpíada tecnolóxica, xantar no parque do Chanto, entrega de premios, un ameno espectáculo a cargo de Peter Punk e para rematar un agradable roteiro polas Aceas.
Noraboa a organizadores e patrocinadores, graciñas por contar con nós e oxalá esta actividade se siga desenrolando durante moitos anos. Que a forza vos acompañe!

No hay comentarios: