Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 2 de mayo de 2013

Libros para maio


Navegando pola rede atopamos esta imaxe que di moito do que nos pasa cando nos sentimos atrapados polos libros. Este mes, no que novamente a biblioteca ten un bo feixe de sorpresas agardando saír dalgún estante ou da cabeciña dos que por aquí andamos, agardamos unha vez máis as vosas recomendacións lectoras.

4 comentarios:

Lucía López, 1º Bach. dijo...

O DIARIO VERMELLO DE CARLOTA. GEMMA LIENAS
O diario vermello de Carlota é unha novela xuvenil que trata o ámbito da sexoloxía desde tódalas ramas; comezando polos métodos anticonceptivos ata tratar o tema da homosexualidade. É unha novela moi entretida e, sobre todo, moi interesante para axudarnos a entender tódolos riscos que podemos correr ao manter relacións sexuais sen protección. Desta maneira, é unha novela totalmente actualizada e serve como guía sexual.
É unha moi boa opción de lectura, recoméndovola!

Lucía López, 1º Bach. dijo...

O PORCO DE PÉ. VICENTE RISCO
O porco de pé é unha novela de Vicente Risco, na que abundan as enumeracións e destácanse dúas personaxes principais, o alcalde da aldea e o doutor. O alcalde é o protagonista da nosa novela e caracterízase por ser de complexión forte e non moi alto; pola contra, o doutor é totalmente contrario.
Neste relato, nárrase como un home de baixa clase chega a un estatus nobre. É unha novela moi interesante, aínda que non demasiado entretida.

Anónimo dijo...

Eu tamen fun peliqueiro en Laza

Este libro conta a historia dun rapaz que intenta ser peliqueiro no seu pobo Laza.
Este contó parece me algo pesado pero lese mi bien se te paras e te concentras un poco.
A xente amante do gallego recomendolle o libro maíz a xente que non lle gusta podería ser un ha lectura mi difícil.

Anónimo dijo...

Non mires a lúa a través do cristal
Caída que este contó esta escrito en castelan este comentario sera en galego.
Etc
Este libro consta historia dun rapaz que intenta escapar da sua morte , o rapaz enfrentase a un ha bruxa pero taken al seu destiño morera ou vivirá.
Este conto recomendollo a xente que ten o castelan como língua oficial, ainda que tamen a xente que lle gustan as historias de terror.