Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 22 de mayo de 2013

Encandeados por Cándido Pazó


Di o dicionario da Real Academia Galega que a segunda acepción de encandear é provocar admiración ou asombro ou causar unha viva impresión. Isto foi xustamente o que fixo o actor Cándido Pazó esta mañá no noso instituto co seu monólogo Historias de sempre para rapaces de agora.
A actividade foi organizada pola nosa biblioteca dentro da programación para celebrar o Día das Letras Galegas e lembrarnos unha vez máis a poderosa forza das palabras, a maxia da escoita de historias e contos que mantiveron atentos e case sen pestanexar a un entregado auditorio de case duascentas persoas.
No seu monólogo Cándido Pazó combinou maxistralmente o humor, a actualidade, as súas vivencias persoais e as figuras literarias acompañado tan só por unha botella de auga e unha pequena escada. Metáforas, metonimias, hipérboles, poesías, escritores, familiares e de todo un pouco saíron da súa boca ao longo dunha brevísima hora de actuación.
Graciñas polo teu espectáculo e oxalá podamos seguir gozando de moitos desta calidade durante moito tempo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Vaia risas... :)