Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 20 de noviembre de 2012

Roteiro de "A Esmorga" pola cidade de Ourense

O pasado venres 16 de novembro o alumnado de 1º de Bach tivo ocasión de seguir os pasos dos protagonistas de "A Esmorga", mais nesta ocasión foron guiados polo seu profesor de galego Manuel Muñiz e as profesoras Carme G. Conde e Isabel Sánchez. Foi unha xornada estupenda que os que mellor a poden comentar son os protagonistas do roteiro, así que dende o blog agardamos as vosas impresións e comentarios.

1 comentario:

Lucía dijo...

Eu asistín o Roteiro, e a verdade e que foi moi interesante, xa que tiñamos resposta a calquera duda que nos puidese surxir, sendo ou non referente a obra de Blanco Amor. Ademais tamén visitamos a catedral, onde un guía nos indicaba aqueles detalles a destacar ou algunha que outra anécdota que non se nos olvidará. Mereceu a pena.