Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 6 de noviembre de 2012

Por qué lle chaman "feeling" cando queren dicir sentimento?




Con este suxerente título, acaba de inaugurarse na biblioteca "Fiz Vergara Vilariño" unha exposición que mostra a invasión de palabras e expresións inglesas na prensa escrita.

Os traballos expostos foron elaborados polo alumnado do Ciclo Medio de Xestión Administrativa (cursos 2011-2012 e 2012-2013), Ciclo Superior de Administración e Finanzas (2012-2013) e 2º de Bach (curso 2011-2012) grazas ás clases de inglés,  á aportación do xornal "La Voz de Galicia" e á nosa participación no programa Prensa-Escuela.

Pasade, ollade e abraiádevos de canto por ler e canto nos inflúe a lingua, tanto que xa quedan poucos que digan "sentimento" ou "atracción" en lugar de "feeling".

A mostra permanecerá aberta ao público en xeral durante os meses de novembro e decembro.

No hay comentarios: