Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 16 de abril de 2012

Concurso: Cada ovella coa súa parella


Con motivo da celebración do Día do Libro o próximo 23 de abril a biblioteca convoca o concurso: Cada ovella coa súa parella.
Heroes e heroínas da banda deseñada de tódolos tempos víronse afectados por un estraño virus informático e non só perderon a súa identidade (non lembran cómo se chaman) senón que tamén viron desaparecer as súas parellas, os seus amores, os seus amigos inseparables...
AXÚDANOS A RECUPERAR ESES DATOS!!!
1. Busca na exposición da biblioteca a parella de cadaquén.
2. Averigua como se chama cada personaxe e o nome da súa parella.
3. Escribe a solución na plantilla que atoparás na mesa a carón do taboleiro da biblioteca. Se acertas todos os nomes e parellas conseguirás puntos-extra para a cartilla de BIBLIOPUNTOS. Os dous participantes con maior número de acertos recibirán un agasallo.
4. Entrega a solución na biblioteca antes do 30 de abril

No hay comentarios: