Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 23 de octubre de 2009

Charla do xuíz Luis Villares





Grazas ao Equipo de Normalización Lingüística e aos nosos compañeiros Manuel Muñiz e Xaime Félix López Arias, o venres 23 de outubro o xuiz Luis Villares estivo no instituto “Gregorio Fernández” para impartir dúas charlas sobre “Os dereitos lingüísticos”. Aproveitou a ocasión para falar sobre cuestións xudiciais como a Constitución, o papel dos distintos poderes do estado, os dereitos e deberes dos cidadáns, e da importancia do proceso de elaboración das leis ao longo da historia. Tivemos a ocasión de contar cun excelente orador moi cercano aos rapaces quen cunha linguaxe sinxela e próxima soubo achegar cuestións de entrada complexas pola súa temática.

No hay comentarios: