Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 1 de junio de 2009

"Ningún país civilizado abandoa a sua lingua propia, senón que a potencia"

Esta frase do catalán Josep-María Terricabras foi a máis votada na enquisa de maio, mes das letras galegas. Recibiu o 47% dos vosos votos.
Este mes de xuño adicámolo ao San Xoan, que seguro todos estades agardando con moitas ganas. A noite de San Xoán, coincidindo co solsticio de verán, celébrase desde antigo en Sarria e en toda Galicia. O costume máis estendido é o das fogueiras, cachelas ou cacharelas de San Xoán: grandes lumes que se plantan en diversos lugares e que convocan ó seu redor ós veciños para comer sardiñas, liscos, beber viño e, finalmente, saltar sobre a fogueira nun rito propiciatorio de boa fortuna para o resto do ano á vez que se di: Sálvate, lume de san Xoán, para que non te morda cadela nin can!
Por isto, tiramos da cultura popular e propoñémosche catro refráns. Vota o que máis che guste e pásao ben no San Xoán.

3 comentarios:

bibliofiz dijo...

Esta si que é boa. Quere iso dicir que nós non somos civilizados? Non estamos a abandoar os galegos a nosa lingua propia? Ou é que non temos lingua? Ou é, acaso, que non temos potencia para potenciala?
O blogueiro impertinente
(Ou debería dicir neste caso o blogueiro impotente?)

bibliofiz dijo...

A partires de agora os ENL pasarán a ser EPL: Equipos de Potenciación Lingüística. Non me gustaría que deixaramos de ser unha potencia, e por iso debemos potenciar a nosa lingua: o Spanglish. Es el future, y no debemos forget que lo more important es que nos understand todos together.

Anónimo dijo...

E unha autentica vergoña o que esta pasando coa nosa lingua,
e mais penso que este señor ten toda a razon o decir que non somos civilizados.
A lingua e un simbolo de identidade propia que moitos quixesen ter.