Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 8 de junio de 2009

Excursión a Valporquero e León

O venres 5 de xuño os premiados en distintos concursos do instituto e da biblioteca recibiron o seu agasallo: unha completa excursión cultural por terras de León. Tras visitar a enorme cova de Valporquero e fartarnos de facer fotos, acudimos á capital, onde subimos 16 metros ata chegar á plataforma onde se están a rehabilitar as espectaculares vidrieiras da catedral de León. Logo marchamos cara ao MUSAC (Museo de Arte Contemporáneo) que tanto sorprendeu aos nosos alumnos que despediron ao guía cun sonoro aplauso. Ver para crer!

5 comentarios:

Participante dijo...

Gustoume moito a excursión, tiven a oportunidade de coñecer estas covas que, a verdade, son impresionantes, e o Musac. A visita a catedral tamén mereceu a pena xa que poidemos ver as vidrieras dende unha altura moi considerable. Aprendín moito. Un tempo moi aproveitado.

Anónimo dijo...

Moi chula a excursión, e moi ben aproveitado o tempo, como di Participante. As explicacións sobre as vidrieiras e sobre o MUSAC, moi interesantes.

Anónimo dijo...

gustoume moito a escursion foi moi interesasnte e non aburrida,xq cando dixeron os profes que íamos ao museo xa pensei que seria aburrido e estava moi ben!

Anónimo dijo...

Somos unhas alumnas de 1ºESO, que fomos a excursión de Valporquero.Gustounos moito, e pasámolo moy ben.
Impresionantes as covas, o museo tamén estaba ben, e sobre todo as compras jeje.Esperamos facer moitas excursións mais.
Ata doutra :)

bibliofiz dijo...

Lembro as caras cada vez que diciamos: agora imos a un museo. E de cada un deles saíamos máis emocionados e abraiados. Dende a biblioteca gustaríanos que vos deades conta de que a cultura e os museos divirten tanto ou máis que o ocio tradicional. Dende a biblioteca continuaremos traballando pola difusión da cultura.